Despois de facer unha búsqueda polos orzamentos da xunta para o vindeiro ano 2012 non atopamos ningunha mención nas inversións reais ó noso colexio nin como reforma nin como ampliación nin como cobertura de patio.
Non queremos engadir nada que xa esté dito, pero lembrar que en reunións mantidas durante o curso pasado con membros da xunta e da conselleria de educación e ata se aprobou no parlamento galego a instancias do grupo popular, quedouse que no presente ano non haberia orzamento si se recolería nos do 2012, pois ben !SORPRESA! NON APARECEN.
Estamos a facer unha listaxe de todos os centros agraciados con reformas, ampliacións e nova construcción que publicaremos neste mesmo blog e do que xa podemos avanzar que en Vigo só son dous:
Reforma comedor CEIP O POMBAL 200.000 euros
Reforma comedor CEIP PINTOR LAXEIRO 515.947 euros
No hay comentarios:
Publicar un comentario