Buscar este blog

miércoles, 30 de marzo de 2011

CONCENTRACIÓN VIERNES 1 DE ABRIL

Coincidiendo con el primer viernes de mes y continuando con las reivindicaciones, recordamos que este viernes 1 de abril habrá concentración a las puertas del colegio, a las 9:00 de la mañana y a las 14:00.

NOS VEMOS!!

DATOS DE LA REALIDAD DEL COLEGIO PÚBLICO DE NAVIA

Por si desde la Xunta no se enteraron de las necesidades de Navia, o tal y como se nos comentó en una reunión: que era necesario un estudio de la población de Navia (parece ser que todavía no lo tienen hecho), desde aquí les facilitamos datos para el estudio: En el único colegio público de Navia (CEIP ALfonso Rodríguez Castelao)para el curso 2011-2012 no hay oferta de plazas desde los 4 hasta los 9 años. Hasta 3º de primaria las clases están llenas, coincidiendo con los años que hace que empezaron a darse las nuevas viviendas en el barrio ( 6 años). Esperamos que estos datos les sirvan para conocer la situación y obrar en consecuencia.

sábado, 26 de marzo de 2011

APRAZADA A INAUGURACIÓN DO PARQUE EN 15 OU 20 DIAS

Parece ser que unha vez mais retrásase a apertura do parque segundo se recolle na páxina da asociación de veciños polo que os actos previstos quedan aprázados ata coñecer o dia e ora da tan ansiada inauguración. Estade atentos ó blog no que daremos puntual información para convocarvos a todos.
Ben, outra cousa é como o van inaugurar pois o último dia legal para inauguracións é o dia 28 de marzo.Creo que teremos que agardar ó paso das eleccións.
Os motivos do retraso tédelos perfectamente descritos no en www.naviamerece.info á cal vos remitimos para ampliar esta nova.
Tedes o enlace á páxina no apartado sitios de interés, a vosa dereita.

viernes, 25 de marzo de 2011

ACTOS INAUGURACIÓN DO PARQUE

Ante a inminente inauguración do parque, convocamos a todos os pais ,nais e veciños a acudir a mesma para facernos ver coas reivindicacións do noxo colexio.
Aínda que non temos confirmación de fecha e ora, que pode ser mañá sábado 26 sobre as 12h ou o luns 28 de marzo. Rogamos esteades atentos ó blog todos aqueles que queirades participar na concentración.
Por outra banda os que aínda non deixaron o seu email pódeno facer enviándoo a conta de correo ampliacioncastelao@gmail.com e cando sexa confirmada a data e ora serache enviado un email.

jueves, 24 de marzo de 2011

APROBADO EN PLENO INSTAR Á XUNTA Á AMPLIACIÓN

A moción de instar a xunta á ampliación e mellora do centro educativo xunto coa necesitade urxente de mellorar as condicións educativas do alumnado con maiores necesidades foi aprobada cos votos do BNG.
O mércores puxéronse en contacto con nós para aclarar o voto en contra no pleno do luns e que foi debido a que o punto da ampliación atopábase incluído nun paquete de outras seis medidas que tiñan que ser votadas en bloque e coas que non estaban de acordo.
Na visita que fixo a Sra. Corina Porro a semana pasada mostrouse a favor da ampliación e da cobertura inmediata do patio. Mentres non se executa a ampliación plantexaba como opción facer unhas obras menores, posiblemente asumibles neste momento, como facer un novo ximnasio no exterior formando unha "L" e aproveitar o actual para facer unha placa co que teríamos dous novos espazos duns 125 m2 que permitirían unha redistribución dos servizos comúns (salón de actos, comedor, informática, inglés, ludoteca. etc.
Comunicaron-nos que enviáronlle xa un escrito á xunta instando a executar estas obras e solicitando por escrito ó conselleiro prazos das obras, se as acepta. Enviarásenos unha copia escrita cos prazos se ó final se fai, que puntualmente subiremos a este blog para que esteemos informados en todo momento.

Enlace a noticia do concello sobre o pleno: Noticia pleno

lunes, 21 de marzo de 2011

AMPLIACIÓN DO COLEXIO A PLENO

Hoxe, no pleno do concello presentarase a solicitute por parte do concello de Vigo de ampliación do CEIP Alfonso R, Castelao pola via de urxencia. Informarémosvos da resolución da mesma e se é ou non aprovada por unanimidade.

CORINA PORRO VISITA O COLEXIO

A presidenta do porto de Vigo,Corina Porro, estivo o pasado venres visitando o colexio por primeira vez e anotando todas as necesidades do mesmo, salientando o que dende a ANPA vimos reclamando dende fai anos como son os espazos de uso común. Comprometeuse a levalo a pleno e ver a situación na que se atopa o anteproxecto de ampliación, mencionado por ela, do que nos informará. Por outra banda, no que atinxe a cobertura do patio comprometeuse a levala no seu programa electoral dependendo do coste da obra.

miércoles, 16 de marzo de 2011

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE RECOLLIDA DE FIRMAS

Debido a que moita xente ainda ten pendiente algunha recollida de firmas, para non vernos apretados aumentamos o prazo para entregalas ata fin de mes

domingo, 13 de marzo de 2011

NOTICIA EN PRENSA CONCENTRACIÓN 11 MARZO

Noticia publicada en Faro de Vigo el 12 de marzo tras la concentración realizada ante la puerta del colegio el pasado viernes 11 de marzo.

jueves, 10 de marzo de 2011

CONCENTRACIÓN O VENRES 11 DE MARZO

Mañán nos concentraremos ás 8:50h e ás 13:50h para reivindicar unha vez mais que nos cubran a pista polideportiva para que os nosos fillos poidan disfrutar os dias de choiva, que non son poucos, xunto coa ampliación dos espazos do centro.
Agradecer por anticipado a todos a vosa colaboración.

TODAS AS FOTOS DA MANI 25 DE FEBREIRO. CORTESIA PACO


Manifestacion do pasado 25 de febreiro

O pasado 25 de febreiro levamos a cabo a nosa primeira manifestación pola rúa Teixugueiras en Navia co obxetivo de acadar unha pista cuberta para todos os nenos do barrio e a ampliación do centro actual, a cal foi todo un éxito a pesar da omisión do noso acto levado a cabo por algúns medios de comunicacións. Agradecer a presenza de todos e cada un de vos sen os que non seria posible levala a cabo.
Seguiremos con outras movilizacións.