Buscar este blog

jueves, 24 de marzo de 2011

APROBADO EN PLENO INSTAR Á XUNTA Á AMPLIACIÓN

A moción de instar a xunta á ampliación e mellora do centro educativo xunto coa necesitade urxente de mellorar as condicións educativas do alumnado con maiores necesidades foi aprobada cos votos do BNG.
O mércores puxéronse en contacto con nós para aclarar o voto en contra no pleno do luns e que foi debido a que o punto da ampliación atopábase incluído nun paquete de outras seis medidas que tiñan que ser votadas en bloque e coas que non estaban de acordo.
Na visita que fixo a Sra. Corina Porro a semana pasada mostrouse a favor da ampliación e da cobertura inmediata do patio. Mentres non se executa a ampliación plantexaba como opción facer unhas obras menores, posiblemente asumibles neste momento, como facer un novo ximnasio no exterior formando unha "L" e aproveitar o actual para facer unha placa co que teríamos dous novos espazos duns 125 m2 que permitirían unha redistribución dos servizos comúns (salón de actos, comedor, informática, inglés, ludoteca. etc.
Comunicaron-nos que enviáronlle xa un escrito á xunta instando a executar estas obras e solicitando por escrito ó conselleiro prazos das obras, se as acepta. Enviarásenos unha copia escrita cos prazos se ó final se fai, que puntualmente subiremos a este blog para que esteemos informados en todo momento.

Enlace a noticia do concello sobre o pleno: Noticia pleno

No hay comentarios:

Publicar un comentario