Buscar este blog

martes, 17 de mayo de 2011

ESTE VERÁN TEMOS PATIO CUBERTO SÍ OU SÍ

Esta tarde deu un mitin o candidato a alcaldía o señor Abel Caballero e entre as súas propostas para o barrio comprometeuse públicamente que este verán teremos un patio cuberto se a xunta non o fai.
Estábamos presentes no acto dous membros da comisión da ANPA xunto cunha nai da mesma que nos achegamos a falar con él o remate da mesma.
Reiterámoslle o compromiso adquirido públicamente e nos volveu repetir que este verán temos o patio cuberto que ainda que na concellería de educación xa non quedaba presuposto xa ten contemplada a reasignación de 120.000 euros procedentes de partidas doutras concellerias para a cobertura do patio este verán no caso de que por parte da xunta non inicien as obras. Deunos a man a cada un de nós que tomamos coma un compromiso co mesmo valor que si estivera escrito e que aquí recollemos para que quede constancia e serva de documento no caso de incumprimento.
Tamén lle propusemos que se podía facer a pista cuberta que forma parte do proxecto que nos presentou para non ter que desfacer o feito. Nos dixo que eso é mais complicado de levar a cabo porque depende da xunta pero de todas maneiras que o estudiaría.
Para rematar díxonos(estamos en campaña) que a xunta dí que non ten cartos para este ano para levar a cabo a ampliación pero que podía facer coma él reasignando partidas presupuestarias procedentes doutras consellerias se quisexen.
En fin, o que a nós nos importa é que fagan as cousas sexa quen sexa porque o fin os presupostos da xunta e do concello a que non saben de onde sáen.... dos  impostos de tódolos cidadáns sexan do color político que sexan e como xa repetimos unha e outra vez, ¿que lle importan os nen@s?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario