Buscar este blog

jueves, 19 de mayo de 2011

CELEBRACIÓN DIA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebrouse as actividades do dia das letras no noso colexio, dende as 4 da tarde os nosos fillos dende os mais pequenos ata os mais maiores deleitáronos coas súas actuacións executadas magnificamente na pista ó aire libre e baixo un sol de xustiza aguantando estoicamente as dúas oras de espectáculo.
Debido a falta de auga potable no centro e dunha pista cuberta, @s profes tiveron que rociar os nenos con auga para que non se deshidrataran subministrando auga embotellada continuamente a todos eles. Os mais pequenos foron levados as súas aulas antes de rematar as actuacións nun acto de compaisón ante o intenso calor.
Nin que dicir da temperatura a esas oras e a pleno sol

No hay comentarios:

Publicar un comentario