Despois da reunión mantida o martes 22 de novembro, convocada pola comisión da ANPA, que esta a seguir o tema da mellora das instalacións do colexio (ampliación e patio cuberto), faláronse de posibles actuacións a levar a cabo, aprobándose a realización de pancartas para colgar nas ventás, de maneira que mostremos a nosa queixa ante a falta de respostas e feitos por parte da Xunta e do Concello á problemática do centro.
Ademais seguiremos mantendo contacto cos responsables, volvendo a solicitar unha reunión co Conselleiro de Educación na procura de poder manter novas reunións coa Xunta.A tal efecto remitirémoslle ó Conselleiiro toda a documentación aprobada no parlamento galego xunto coa solicitude da reunión.
O martes 29 de novembro ás 16:00 quedaremos no colexio para facer as pancartas, aqueles pais e nais que poidan que acudan a botar unha man. Recolleránse sábanas na sala da ANPA. As pancartas poderánse recoller a partir do martes na ANPA, e colgaránse das ventás o venres 2 de decembro.
Pódese descargar un modelo de escrito no cal se solicita a incorporación dunha profesora de inglés para os cursos de infantil,coa idea de que cada pai e nai poidan facer a queixa de maneira persoal, cubrídeo con vosos datos asinádeo e entregadeo en secretaría onde os recolleremos todos para metelos nun só viaxe por rexistro.
Descarga de modelos de escrito a presentar:
Modelo en galego
Modelo en castellano
No hay comentarios:
Publicar un comentario