Buscar este blog

lunes, 21 de marzo de 2011

CORINA PORRO VISITA O COLEXIO

A presidenta do porto de Vigo,Corina Porro, estivo o pasado venres visitando o colexio por primeira vez e anotando todas as necesidades do mesmo, salientando o que dende a ANPA vimos reclamando dende fai anos como son os espazos de uso común. Comprometeuse a levalo a pleno e ver a situación na que se atopa o anteproxecto de ampliación, mencionado por ela, do que nos informará. Por outra banda, no que atinxe a cobertura do patio comprometeuse a levala no seu programa electoral dependendo do coste da obra.

1 comentario:

  1. pero que morro teñen algúns??? esta señora non estivo xa de alcaldesa?? e que fixo polo colexio, e por Navia???? NADA.

    ResponderEliminar